VOLTA A ILLA DE AROUSA EN DORNA!Poño esta foto,porque e unha imaxe moi bonita,cada ano organizase unha regata que comeza sobre as 3.30-4 da tarde e remata sobre as 8,soe ser en Julio.E a regata máis bonita que se pode realizar en toda a costa Gelega.
Pasanse moitas emocións fortes,sobre todo cando comeza a facer vendabal despois de un bonito día,e todas as dornas comezan a dar "quilla arriba"e todas as lanchas de vixiancia van a moita velocidade para rescatalas.
eu vivo todolos anos esas emocions e ver como a xente disfruta andando en dornas a vela.
Ecantame cando nos achegamos as dornas e sintes a brisa e como a vela se frunce co vento...
Hai cada imaxe máis bonita,invito a todos a que vexades esa magnifica regata que xa hai mais de 17 anos que se esta a organizar.
seguramente queirades repetir esa experiencia que moi pouca xente decide experimentar.
Animadevos e disfrutade un pouco da vida do mar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario